Forma parte do Vite Arquiva

Brais Santomil/ Febreiro 27, 2020/ blog/ 0 comments

Forma parte do Vite Arquiva

Xogando nas “Plazuelas”, tamén chamadas “Patios”, diante do antigo local da Coordenadora

O vindeiro mércores día 18 de marzo faremos unha xuntanza aberta, con presentación da web e proxeccións de vídeos dos 90 incluídos, a todas as persoas que queiran participar no Vite Arquiva. Precisamos de xente que de forma activa bote unha man en calquera dos grupos de traballo que, até o de agora, temos. Son os seguintes:

  • Grupo Materiais (Recollida e listaxe dos materiais (fotos, vídeos, documentos, mapas, etc.).
  • Grupo Etnográfico (Realizando enquisas, entrevistas de audio, de video, recollendo fontes orais, etc).
  • Grupo Web (Axudando no mantemento da páxina web).

Non tes que ser expert@ en nada, as ferramentas e os coñecementos dámoschos nós.

Xa sabes, o mércores 18 de marzo ás 17.ooh pásate polo Centro Sociocultural José Saramago de Vite (Rúa de Carlos Maside, 7) coñecernos e dispost@ a, daquí en diante, formar parte do Vite Arquiva.

P.S: Ah, por certo, haberá pinchos, 😀

Share this Post

Deixar unha resposta