Como colaborar

O arquivo somos tod@s, polo que podes colaborar de distintos xeitos, precisamos voces e mans que traballen connosco, nos distintos grupos que están a funcionar nestes intres no arquivo, e tamén novo material sobre o barrio. Ti escolles:

De forma activa. Participando nos grupos de traballo:

  • Grupo Materiais (Recollida e listaxe dos materiais (fotos, vídeos, documentos, mapas, etc.).
  • Grupo Etnográfico (Realizando enquisas, entrevistas de audio, de video, recollendo fontes orais, etc).
  • Grupo Web (Participando no mantemento da páxina web).

De forma pasiva.

Contribuíndo coas súas fotografías, vídeos, documentos, lembranzas, etc.

Contacta con nós a través deste formulario e porémonos en contacto contigo.