Vite danzará co abellón

Brais Santomil/ Setembro 28, 2022/ Uncategorized/ 0 comments

O día 1 de outubro, na Rúa de Carlos Maside, diante do Centro Sociocultural de Vite, ás 17h, levarase a cabo unha “performance” organizada polo artista Claudio Zulián, Vite Arquiva, o Plan Comunitario de Vite e a Coordinadora do Barrio de Vite, entre outras entidades.
A “performance” consistirá en realizar o rito colectivo ancestral galego “do abellón”. Contaremos coa presenza dalgunhas persoas que o estudaron e que nos contarán de maneira sinxela e fácil que facer.
Querémosvos convidar a participar a esta “performance” coas vosas familias, amizades e veciñanza, sen ningunha limitación de idade, de orixe, nin de número de persoas. Posto que o rito do abellón foi un rito do popular, canta máis xente sexamos, máis nos acercaremos ao que foi.
A “performance” gravarase en vídeo e será posteriormente mostrada nunha exposición sobre o barrio de Vite que terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea a finais de outubro.
Agardámosvos para poder compartir con vós este momento de celebración do Barrio de Vite, da súa historia e da historia da nosa cultura!

Share this Post

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

*
*