O noso proxecto

O barrio de Vite é un barrio de vivendas sociais de finais dos anos 70. Foi un dos barrios máis organizados a nivel asociativo da cidade, tendo como punto de unión a Coordenadora do barrio de Vite. Polo tanto non queremos que esa memoria fique esquecida.

Por iso cremos que é importante que todo o traballado, os cambios cos seus logros e contradicións, permanezan na memoria dos habitantes do barrio e da cidade. É por iso que imaxinamos un arquivo vivo no que ir rexistrando o que acontece no barrio, como se vive, como facemos e sentimos este lugar.

Imaxinamos un proceso de recollida e difusión permanente no que a xente sexa partícipe dese “xerar memoria”. Un arquivo feito por moitas xeracións e voces, no que o apego ao barrio sexa a motivación e o fío condutor. Queremos que o arquivo ilusione á xente para contar e descubrir a memoria entre todas.

Vite está de novo en obras! Pouco a pouco iremos completando a información! Como toda boa obra… Imos a modo! 🙂